Clase Teórica 4
Na clase de hoxe estivemos falando da diferenza entre Realidade Virtual e Realidade Aumentada. A Realidade Virtual é: un ambiente de escenas ou obxectos de aspecto real. O significado máis común refírese a un ambiente xerado pola tecnoloxía informática, o que crea no usuario a sensación de estar inmerso nel. ( Wikipedia ). A Realidade Aumentada é: o conxunto de tecnoloxías que permiten ao usuario visualizar parte do mundo real a través dun dispositivo tecnolóxico con información gráfica engadida por este dispositivo. ( Wikipedia). Un exemplo de Realidade Virtual é unha versión do coñecido videoxogo "Minecraf".
Un exemplo de Realidade Aumentada é o famoso xogo "Pokemon Go"
Comentarios
Publicar un comentario