Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

Clase Teórica 3

Imagen
Na clase de hoxe estivemos aprendendo sobre distintos niveis de integración das TIC no ámbito educativo. Ademais, de coñecer distintos modelos de integración como por exemplo: o modelo galego Arrufat, o modelo ACOT, o modelo Vivancos, o modelo TPACK ou o modelo SAMR. Tamén estivemos vendo que para que o uso da tecnoloxía dentro da educación sexa exitoso tamén debemos adaptar o método que se usa porque senón non se consegue nada.

Clase Práctica 3

Imagen
Na clase de hoxe tivemos que buscar distintos recursos educativos para poder usálos nos nosos traballos, ademais tivemos que analizalos, é dicir, se atopabamos xogos tivemos que xogalos para ver se os considerabamos efectivos. Todos os recursos educativos que atopabamos tiñan que estar relacionados co noso tema de traballo, que como comentei en entradas anteriores o do meu grupo son os xogos inclusivos.

Clase Teórica 2

Imagen
Na clase de hoxe estivemos aprendendo distintas fontes de contido fiable como por exemplo: Wikipedia, Google scholar ou Dialnet. Tamén aprendemos onde buscar imaxes con licencia de copyleft, como por exemplo: Pixabay ou tamén dentro do propio buscador de Google. E diredes, e iso cómo se fai? Pois vouno explicar agora mesmo. Para buscar dentro do propio Google imaxes cunha licencia Copyleft tenemos que escribir no buscador o que queremos.  Primeiro, temos que escribir no navegador o que queremos buscar. Despois, cando nos aparezcan os resultados do que buscamos, aparecerá esta barra con distintas opcións para elixir, e debemos clicar no apartado de "Imágenes". E acto seguido na esquina da mesma barra clicaremos en "Herramientas".  Despois de clicar en "Herramientas" aparecerá unha barra debaixo da que usamos anteriormente, onde debemos clicar no apartado "Derechos de uso" e dentro das opcións que nos aparecen, debemos elexir a que precisemo

Clase Prática 2

Imagen
Na clase teórica de hoxe tivemos que crear grupos para facer os nosos traballos en conxunto. A parte, eliximos un nome e un tema sobre o que imos basar os nosos próximos traballos. Os meus comañeiros e máis eu decidimos chamarnos, "La Banda del Patio" en honra a unha serie que viamos de pequenos. Ademais, decidimos tratar o tema dos xogos nos patios dos centros educativos, para dalgunha forma tratar de desterrar o fútbol e que os nenos e nenas poidan elexir libremente a qué queren xogar e que eses xogos estén adaptados a eles. Tamén tivemos que crear un logo para o noso grupo.

Serás capaz de superar este xogo??

Imagen
Ola!!! Hoxe, nesta entrada do blog imos facer un xogo no cal, teredes que descubrir 4 facetas de miña personalidade a través destas 4 fotos. Cada foto refierese a unha faceta distinta!! Veña, intentádeo!!! ( depois das 4 fotos están explicadas as facetas que quero expresar) Esperemos que haxas acertado algun rasgo da miña personalidade con estas fotos, senón foi así, aquí tes as solucións: 1ª foto: quere expresar a miña paixón polos atardeceres e tamén quere dicir que son unha persoa bastante sensible 2ª foto: esta foto quere expresar o meu amor incondicional polos animáis  3ª foto: encantame viaxar, tanto dentro do país, como por fora deste 4ª foto: nesta foto quero expresar o meu gusto pola lectura e tamén pola poesía Espero que os haxa gustado o xogo!! Vémonos noutra entrada do blog!!!

Clase Teórica 1

Imagen
Na primeira clase teórica do curso estivemos aprendendo distintos conceptos esenciais desta materia. A maioría deles non os coñecía, pero dinme de conta de que son moi utilizados cando se habla de tecnoloxía. O concepto que máis me chamuo a atención foi infoxicación dixital, que quere dicir, unha abundancia de información tan grande que non sabes onde atopar datos fiables ou tampoco onde atopar a información exacta que precisas nun momento exacto. Tamén estivemos mirando gráficas do uso de internet en todo o mundo e do uso de certas aplicacións, o que me chamou bastante a atanción porque non esperaba números tan grandes de xente usando internet.

Clase Práctica 1

Imagen
Na primeira clase práctica deste curso tivemos que crear o noso propio blog, para ir relatando nel aspectos da materia. Eu por exemplo xa estiven de colaboradora nun blog cando ía en 4º da E.S.O, polo que xa coñezo algunhas funcións de Blogger e de como funcionan os blogs. A elección do nome para o blog foi un tema bastante complicado porque todos os que se me ocurrían xa estaban sendo usados, pero finalmente atopei un que creo que encaixa ben cos nenos pequenos.

Primeira entrada do blog !!!!

Expectativas da asignatura e opinión dela. Hoxe tiven a presentación da materia de Novas Tecnoloxías. Ao principio pensaba que ibamos a estar as dúas horas falando soamente da asignatura e que despois de falar dela poderíamos marchar antes de que rematara o horario establecido. Pero non foi así.  Fixemos unha presentación breve da asignatura, presentamonos entre nos e despois puxemonos a traballar cos ordenadores. A profesora axudounos a entrar ao portal de Faitic, onde se atopan moitos contidos das asignaturas que temos no primeiro ano de carreira. Despois, mandounos crear o noso propio blog e publicar unha entrada nel. A verdade é que teño ganas de comezar con esta asignatura porque pareceme moi interesante e entretida.