Clase Prática 2
Na clase teórica de hoxe tivemos que crear grupos para facer os nosos traballos en conxunto. A parte, eliximos un nome e un tema sobre o que imos basar os nosos próximos traballos. Os meus comañeiros e máis eu decidimos chamarnos, "La Banda del Patio" en honra a unha serie que viamos de pequenos. Ademais, decidimos tratar o tema dos xogos nos patios dos centros educativos, para dalgunha forma tratar de desterrar o fútbol e que os nenos e nenas poidan elexir libremente a qué queren xogar e que eses xogos estén adaptados a eles. Tamén tivemos que crear un logo para o noso grupo.
Comentarios
Publicar un comentario