Clase Práctica 1
Na primeira clase práctica deste curso tivemos que crear o noso propio blog, para ir relatando nel aspectos da materia. Eu por exemplo xa estiven de colaboradora nun blog cando ía en 4º da E.S.O, polo que xa coñezo algunhas funcións de Blogger e de como funcionan os blogs. A elección do nome para o blog foi un tema bastante complicado porque todos os que se me ocurrían xa estaban sendo usados, pero finalmente atopei un que creo que encaixa ben cos nenos pequenos.
Comentarios
Publicar un comentario