Primeira entrada do blog !!!!

Expectativas da asignatura e opinión dela.

Hoxe tiven a presentación da materia de Novas Tecnoloxías. Ao principio pensaba que ibamos a estar as dúas horas falando soamente da asignatura e que despois de falar dela poderíamos marchar antes de que rematara o horario establecido. Pero non foi así.

 Fixemos unha presentación breve da asignatura, presentamonos entre nos e despois puxemonos a traballar cos ordenadores. A profesora axudounos a entrar ao portal de Faitic, onde se atopan moitos contidos das asignaturas que temos no primeiro ano de carreira. Despois, mandounos crear o noso propio blog e publicar unha entrada nel.

A verdade é que teño ganas de comezar con esta asignatura porque pareceme moi interesante e entretida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Clase Práctica 4

Clase Teórica 6

TAD